Para sacar o máximo partido desta guía, convén coñecer previamente a súa estrutura. A guía consta dunha selección de 12 plantas, repartidas entre catro hábitats que teñen nesta guía os seguintes títulos: Fragas sombrías, Vexetación acuática, Vexetación aromática, e Pradeiras efémeras.
Ao carón de cada unha das fichas de cada planta, achéganse cadros con información sobre a fauna que poderemos atopar no Lago. Na frescura das súas fragas, atópanse carballos, bidueiros e fentos, así como numerosos mamíferos, insectos e bolboretas. E nas zonas máis próximas ao lago, ou nos ríos do redor, destacan os salgueiros, madreselvas e xuncos, acompañados da fauna propia das zonas húmidas, como peixes, anfibios e insectos ligados aos ambientes acuáticos.
Explora as ribeiras do lago, observa as aves ou mergullate na súa contorna acuática renovada, pois é unha experiencia enriquecedora que te conectará coa importancia de protexer e valorar a natureza.