Microrreservas de orquídeas (Lugo)
Lugar de interés botánico - Montañas de Courel
Puntos de Interés Observer®
Temáticas científicas
¿Por qué es interesante este Punto de Interés?
Los cuatro puntos en los que se sitúan las microrreservas se caracterizan por su naturaleza calcárea, lo que le confiere unas características exclusivas que hacen que tengan una flora característica. Aunque O Courel destaca por la existencia de un buen número de afloramientos carbonatados en los que se pueden ver más de 20 especies de orquídeas, estas cuatro microrreservas concentran en poca superficie casi todas esas especies. Entre las especies de orquídeas que se encuentran en el Courel, destaca Dactylorhiza cantábrica, endémica de esta zona.
Imágenes
Información al viajero
- Casas Rurales
- Restaurantes
- APP de rutas
- Itinerarios científicos
- Guías y catálogos
- Guías especializados en Turismo Científico
- Sinaléctica
- Especies protegidas
- Proyectos I+D+i
- Seguimiento de los valores naturales
- Público general
- Grupos organizados
- Centros educativos
- Investigadores científicos
- Ciencia Ciudadana
Para saber más
DESCRICIÓN E CONTEXTO BOTÁNICO
As catro microrreservas de flora que atopamos no Courel nacen da iniciativa da Asociación Galega de Custodia de Territorio que pretende demostrar a importancia destes pequenos espazos para a conservación da flora endémica e/ou ameazada de Galicia. Neste caso, aínda que os espazos nos que se localizan as microrreservas difiren en canto a superficie ocupada, altitude ou orientación, coinciden en que todos se atopan sobre afloramentos calizos do Courel que se sitúan preto de estradas. O acceso ás mesmas é sinxelo, podéndose efectuar roteiros de dificultade baixa, sempre respectando os carreiros preestablecidos.
PARA A OBSERVACIÓN
Os catro puntos nos que se sitúan as microrreservas caracterízanse pola súa natureza calcaria, o que lles confire unhas certas propiedades, como un pH básico, perda rápida de auga e alta dispoñibilidade de calcio, entre outras, que fan que teñan unha flora característica. É por isto, que son abondosas as especies de orquídeas e outras plantas asociadas a este tipo de solos, menos representados, no resto do territorio. Ademais da presenza de flora singular, poden atoparse algunhas especies de insectos relacionados con estas plantas, moitos deles incluídos nesta guía.Aínda que O Courel destaca pola existencia dun bo número de afloramentos carbonatados nos que se poden ver máis de 20 especies de orquídeas, estas catro microrreservas concentran, en pouca superficie, case todas esas especies.
As orquídeas son plantas herbáceas perennes, de distribución cosmopolita. Nas zonas temperadas son só aparentes durante a estación favorable para o seu crecemento e floración, superando os períodos desfavorables, inverno e verán, grazas á presenza de rizomas, uns tubérculos radicais ou pseudobulbos . A familia das orquídeas inclúe entre 15.000 e 35.000 especies distintas, que se distribúen por todo o planeta, agás nos polos e nos desertos máis secos. Se ben é certo que unha grande porcentaxe destas especies teñen unha distribución tropical ou subtropical, en Europa atopamos ao redor de 400 ou 500 orquídeas distintas, 24 das cales florecen cada ano no Courel.
Como se pode inferir do número de especies que se distribúen por todo o mundo, estas teñen formas e tamaños ben distintos, dependendo do seu hábitat. Esas diferenzas, a pequena escala, tamén se dan nas orquídeas courelás, que presentan morfoloxías florais diferenciadas e adaptadas a distintos xeitos de polinización, dependendo da especie.
Entre as especies de orquídeas que se atopan no Courel, destaca unha: a Dactylorhiza cantábrica, endémica desta zona, e que se caracteriza polas súas flores amarelas dotadas dun robusto esporón, cun punteado vermello, numeroso no labelo, o pétalo principal modificado das orquídeas.
Cabe salientar o seu curioso sistema de polinización, pois está baseado no engano por mimetismo: a orquídea imita formas de flores que conteñen moito néctar, que se supón estaría no esporón. O insecto, enganado pola similitude, acode á flor buscando unha recompensa que non existe. Grazas ao movemento xerado durante esta busca infrutuosa, o insecto sairá cargado de polen. Este sistema de engano é característico de moitas das especies dos xéneros Dactylorhiza e Orchis, presentes no territorio de Courel. Ademais desta curiosa forma de engano, a polinización nas orquídeas courelás pode darse doutros xeitos, dos cales dedúcese a gran complexidade e diversidade desta familia de plantas:
Por recompensa, cando o insecto recibe o néctar a cambio da súa visita. Este é o caso da “Orquídea do home aforcado” ou Aceras anthropophoru. Tamén é do tipo "recompensa" cando obtén refuxio se fai mal tempo, como no caso da “Orquídea Lingüeira” ou Serapias lingua.
Por atracción sexual, outro xeito de engano, no que as orquídeas imitan as formas das femias dos insectos polinizadores, e incluso emiten substancias olorosas semellantes ás feromonas, provocando que os machos acudan ás flores da orquídea para copular. Éste é o caso das tres espectaculares especies de Ophrys que hai na serra do Courel, coñecidas vulgarmente como “abelleiras”.
Aparecen tamén no Courel, especies de orquídeas con moi escasa representación no resto de Galicia, como a Orchis ustulata, ou outras raras, como a Neotinea maculata ou Dactylorhiza markusii ou Gymnadenia conopsea.
TRABALLOS CIENTÍFICOS
As catro microrreservas do Courel configuráronse no ano 2015 grazas ao traballo da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e á colaboración dos orquidiólogos Elvira Sahuquillo e Carlos Cortizo:
• Microrreserva do Afloramento de Visuña.
• Microrreserva do Alto do Couto.
• Microrreserva do Alto da Pedra.
• Microrreserva do Monte Cido.
Durante o 2019 está previsto delimitar unha nova Microrreserva: Hórreos.
O obxectivo principal do establecemento destas microrreservas é “a conservación das poboacións de orquídeas e doutras especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a través da restauración dos hábitats pratenses e rochosos da zona, así como da divulgación dos seus valores naturais”.
En canto ao traballo de restauración de hábitats, cabe destacar que todas as microrreservas se atopan en terreos privados, cedidos polos veciños, e que cada certo tempo requiren da súa colaboración para levar ao cabo as labores de roza adecuadas para o mantemento dos hábitats.
CURIOSIDADES
Para a divulgación e conservación das orquídeas, a AGCT colocou á entrada de cada Microrreserva paneis explicativos, nos que ademais de informar das especies contidas en cada unha delas, dan conta do itinerario recomendado e do seu grao de protección. Como información asociada, cabe destacar a presenza de plantas como a Campanula adsurgens, endémica das montañas calcarias de Lugo, Ourense e León. En canto aos insectos, pódese observar nas zonas das microrreservas á bolboreta Aricia morronensis, incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas baixo o epígrafe de Vulnerable. A pranta da que se alimenta a eiruga desta bolboreta é o xeranio das rochas ou Erodium glandulosum, abundante tamén nas zonas calcarias da serra. Se queres colaborar co proxecto de ciencia cidadá, EXPLORER, lembra compartir as fotos de flora destes espazos connosco en: http://biodiversidade.eu/proxecto/explorer-montanas-de-ancares-e-courel/
Bibliografía asociada
Las cuatro microrreservas del Courel se configuraron en el año 2015 gracias al trabajo de la Asociación Gallega de Custodia del Territorio (AGCT) y a la colaboración de los orquidiólogos Elvira Sahuquillo y Carlos Cortizo:
Microrreserva del Afloramento de Visuña;
Microrreserva del Alto do Couto;
Microrreserva del Alto da Pedra;
Microrreserva del Monte Cido.