Guía de Turismo Científico: Roteiros da Ciencia nas Montañas de Ancares e Courel

Guías y catálogos de Turismo Científico

Servicios Asociados

[GAL]  Nesta guía de Roteiros Da Ciencia Nas Montañas De Ancares E Courel o usuario poderá atopar unha nova forma de abordar o turismo, a ciencia e a cultura. Ao longo dos itinerarios propostos poderá ver, experimentar e descubrir o interesante patrimonio natural e cultural destas serras do sudeste da provincia de Lugo.


Dende o S. XX, as montañas de Ancares e Courel foron verdadeiros laboratorios naturais para científicos de diferentes disciplinas e países. Moitos dos resultados de investigación obtidos, constitúen hoxe a base desta guía. O seu deseño e construción foi abordado tendo en conta as principais disciplinas científicas estudadas nesta área de Galicia: xeoloxía, botánica, zooloxía, ecoloxía, historia e astronomía.

Nesta primeira escolma foron seleccionados algúns dos principais puntos de interese do espazo cualificado como Destino de Turismo Científico Observer®. No entanto, hai moitos máis, sendo esta só unha aproximación significativa ao territorio de Ancares e Courel.

O obxectivo fundamental desta guía foi unir coñecemento con experiencias únicas nun Destino de Turismo Científico totalmente xenuíno. A beleza das súas paisaxes é explicada a través da Ciencia, que os interpreta construíndo relatos fascinantes onde todo cobra sentido.

A divulgación da ciencia é sempre a mellor aliada da conservación. A nosa experiencia demóstranos que hai máis vontade por conservar aquilo que se coñece mellor. Daquela, con esta Guía de Roteiros da Ciencia queremos contribuír ao coñecemento e coidado deste fascinante territorio.

DESCARGAR EN : https://drive.google.com/file/d/1GCDoKiyKByXpssuXQx8qnGBMAXizN7Cm/view


 URL: http://turismo.deputacionlugo.gal/gl/turismo_cientifico/itinerarios
 Email: turismo@deputacionlugo.org
 Telefono 1: 982 260 000
 Dirección: Diputación Provincial de Lugo/ Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo

Puntos de Interés

¿Tienes alguna duda?

Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

Contactar

Iniciar sesión

¿Has olvidado tu contraseña?