Aldea de A Seara (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Courel

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

La aldea de A Seara representa un conjunto de interés etnográfico donde se manifiestan las principales características de la arquitectura de montaña. Además, se trata de una zona donde podemos observar las evidencias de las épocas glaciares, como la laguna glaciar de Lucenza.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos
    •   Investigadores científicos
    Investigación científica

    •   Proyectos I+D+i
    Actividades destacadas de Turismo Científico

    •   Ciencia Ciudadana

    Para saber más

    O glaciarismo é a modelaxe do relevo pola acción do xeo. Para que o xeo poida realizar modificacións no terreo en grandes extensións é preciso que dispoña dunha gran cantidade de masa. Sábese que ao longo da historia da Terra houbo períodos extremadamente fríos nos que se daba tal acumulación de grandes masas de xeo. No entanto, aínda que ao longo da historia xeolóxica do planeta existiron épocas máis frías ca outras, das máis antigas apenas quedan rexistros. É a partir dos últimos dous millóns de anos que somos capaces de reconstruír as condicións climáticas de lugares como o Courel, xa que as pegadas desas épocas glaciares aínda se recoñecen nos materiais da serra.

    Ese período xeolóxico que inclúe os ciclos de xeo-desxeo máis recoñecibles, denomínase Cuaternario e perdura hoxe. O último desxeo tivo lugar arredor de 10000 anos atrás. Grazas a iso, en lugares como A Seara as grandes masas de xeo acumuladas nos cumios das montañas máis próximas descenderon, arrastrando todo o que atopaban ao seu paso, ata deterse en cotas baixas onde a temperatura derretía o xeo. A poucos metros desta aldea, nas beiras da estrada principal quedaron fosilizadas esas evidencias para desfrute de científicos, turistas e curiosos.

    O glaciar da Seara partiría en altura entre os picos Mallón (1593 m) e Formigueiros (1639 m). O seu percorrido remataría augas abaixo da aldea da Seara a 950 metros de altitude, cunha lonxitude de case 5 quilómetros e un espesor máximo dexeo, estimado nuns 130 metros.

    A medio quilómetro de chegar á aldea da Seara, sempre en dirección desde Quiroga, ao pé de estrada, temos no talude esquerdo un depósito glaciar de case 2 metros de altura. O que podemos observar nese punto son os efectos do paso dunha masa de xeo sobre as lousas, as rochas que conforman o terreo na zona.

    Os fragmentos de lousa presentan estrías superficiais debidas ao rozamento da rocha contra o solo, ou contra outros fragmentos pétreos ao ser desprazadas baixo a acción do xeo val abaixo. Este tipo de xacementos glaciares denominados till son de interese porque nos indican a dirección de avance do glaciar.

    A uns 50 metros de distancia en dirección a Quiroga temos un depósito glaciar diferente chamado morrena. As morrenas fórmanse pola acumulación de fragmentos de rochas e sedimentos de tamaño variable polo avance do xeo. O que temos é una masa non compactada de diferentes materiais dispostos erráticamente. Nalgún deles poden distinguirse tamén as estrías típicas dos tills.










    Bibliografía asociada

    Es de interés consultar los siguientes estudios relacionados con el glaciarismo de Courel y Ancares:

    • Xeomorfoloxía das Montañas do Courel / Augusto Pérez Alberti. [Bóveda, Lugo]: Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, D.L. 2018

    • Vidal Romaní, J.R. y Vila Anca, R. 2011. La puerta del pasado geológico de Galicia se abre en Quiroga. Tierra y tecnología, nº 40, 46-51.

    • VIDAL ROMANI, J. R.; MACIAS, F.; PEREZ, A.; JATO, V.; PENAS, X. M.; VALES, C.; DIAZ-FIERROS, F. (1986) O medio natural galego. Edicións do Castro. O Castro, Sada, A Coruña., 207 págs.

    • Vidal Romaní J.R. 1966. Geomorfología de Galicia. Tomo XVII. Hércules de Ediciones. S.A. A Coruña. 36-60 págs.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?