Yacimiento polimetal de A Fornaza (Lugo)

Lugar de interés geológico - Montañas de Ancares

Puntos de Interés Observer®

Temáticas científicas



¿Por qué es interesante este Punto de Interés?

A Fornaza es un pueblo en el Concello de Fonsagrada donde hay un rico yacimiento polimetálico de arsénico y oro, que también tiene asociados otros metales como plata, plomo, zinc, cobre y antimonio. La explotación de este yacimiento fue iniciada por una compañía francesa alrededor del año 1850 para explotar arsénico, plata y plomo, y fue retomada en el contexto de la Guerra Civil española.


  • Para saber más sobre este Punto de Interés pulsa aquí...

  • Imágenes




    Información al viajero

    Comer y dormir

    •   Hoteles
    •   Casas Rurales
    •   Restaurantes
    Para hacer Turismo Científico

    •   APP de rutas
    •   Itinerarios científicos
    •   Guías y catálogos
    •   Guías especializados en Turismo Científico
    •   Sinaléctica
    Perfil de viajeros

    •   Público general
    •   Grupos organizados
    •   Centros educativos

    Para saber más

    A Fornaza é unha aldea do Concello da Fonsagrada na que existe un rico xacemento polimetálico de ouro e arsénico, que ademais leva asociados outros metais coma prata, chumbo, cinc, cobre e antimonio.

    Esta paraxénese metálica englóbase dentro dun xacemento de maiores dimensións chamado Valiña-Azúmara que se estende ata a veciña Asturias. Todo o complexo mineral pertence xeoloxicamente á zona Asturoccidental-Leonesa no seno da cadea Hercínica, dentro do dominio do río Navia e do alto río Sil.

     As rochas encaixantes, nas cales se insire esta paraxénese mineral, son de natureza metamórfica ricas en sílice, abranguendo xistos, lousas e cuarcitas. Un basamento do xénero, remítenos ao Paleozoico, cando Laurasia e Gondwana, que posuían plataformas de sedimentación continental, colisionaron aproximadamente hai 300 millóns de anos para formar a cordilleira hercínica.

     Foi nesa fase oroxénica onde se xerou o xacemento polimetálico da Fornaza, en forma de filóns hidrotermais grazas a un cabalgamento con dirección de buzamento N-E e fracturas de dirección N-S e NE-SO.

    PARA A OBSERVACIÓN

     O xacemento polimetálico da Fornaza atópase nun val encaixado do río Navia. Morfoloxicamente, a forma da mineralización ven dada por unha rede de filóns hidrotermais compostos esencialmente por cuarzo e arsenopirita, con pirita, galena, sulfosales e esfalerita como accesorios.

     A mineralización divídese en dúas partes segundo a súa xénese. A primeira está constituída por cuarzo, calcita, rutilo, sericita, arsenopirita e pirita. A segunda parte da mineralización consiste en cuarzo, calcita, clorita, esfalerita, xamesonita, cobres grises, calcopirita, pirrotina e galena. Esta segunda fase da mineralización rechea fracturas e cavidades intersticiais nos minerais da primeira, reemprazándoos parcialmente.

     Os principais minerais portadores de prata son os cobres grises, con contidos que oscilan entre o 13,7 % e o 23,9% en peso. Na parte máis superficial do xacemento, a alteración superxénica da mena primaria deu lugar á formación de óxidos e hidróxidos de ferro, escorodita e anglesita. Alguns deles son ben visíbeis no entorno da capela a ollo ceibe. Ademais de toda a riqueza mineral descrita, na Fornaza manifestase unha tectónica moi intensa mediante pregamentos e fallas que son o claro exemplo do alto grao de deformación dúctil que sofreron as cuarcitas e as lousas durante o cabalgamento hercínico.

    TRABALLOS CIENTÍFICOS

     Debido a que a Fornaza foi unha zona de explotación mineira entre 1850 e 1940 existen varias referencias bibliográficas de interese:

    • Geología y mineralogía del yacimiento polimetálico de Au-As (Ag-Pb-Zn-Cu-Sb) de Valiña-Azúmara (Lugo, NO de España). Estudios Geológicos, Vol 71, No 2 (2015). I. Martínez-Abad e outros. Universidad de Oviedo.

    • Martínez Catalán, J.R. (1985). Estratigrafía y estructura del Domo de Lugo (Sector Oeste de la Zona Asturoccidental-leonesa). Corpus Geologicum Gallaeciae (2ª Serie), 2: 1–291.

    • Villa, L., Arias, D., Suárez, O. & Corretgé, L.G. (1993). Distribución y caracterización del oro libre y refractario presente en los filones de cuarzo-arsenopirita de las minas de Penedela, Fornaza y Río de Porcos (límite entre Lugo y Asturias). Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 18: 81–88.

    CURIOSIDADES

    A explotación deste xacemento foi iniciada por unha compañía francesa arredor do ano 1850 para explotar arsénico, prata e chumbo, chegando ata o ano 1875. Os traballos de explotación só serían retomados no contexto da Guerra Civil española para o beneficio do ferro, pero non abarcaron moito tempo.

    O mineral tratábase na Fornaza, na marxe esquerda do río Navia, nunha fundición con fornos de reverbero que evacuaban os fumes por un longo túnel e unha cheminea de considerables dimensións. As ruínas daquelas instalacións metalúrxicas son visibles na area descrita.

    Bibliografía asociada

    Debido a que A Fornaza fue un área minera entre 1850 y 1940, hay varias referencias de interés:

    • Geología y mineralogía del sitio polimetálico de Au-As (Ag-Pb-Zn-Cu-Sb) de Valiña-Azúmara (Lugo, NO de España). Estudios Geológicos, Volumen 71, No. 2 (2015). I. Martínez-Abad y otros. Universidad de Oviedo.

    • Martínez Catalán, J.R. (1985). Estratigrafía y estructura del Domo de Lugo (Sector Oeste del Área Asturiano-Leoniana). Corpus Geologicum Gallaeciae (2ª serie), 2: 1-291.

    • Villa, L., Arias, D., Suárez, O. & Corretgé, L.G. (1993). Distribución y caracterización del oro libre y refractario presente en las bobinas de cuarzo-arsenopirita de las minas de Penedela, Fornaza y Río de Porcos (límite entre Lugo y Asturias). Cuadernos del Laboratorio de Geología de Laxe, 18: 81-88.

    ¿Tienes alguna duda?

    Contacta con nuestro departamento de atención al cliente para cualquier pregunta sobre Observer

    Contactar

    Iniciar sesión

    ¿Has olvidado tu contraseña?